Xornadas "Cultura e Territorio" en Lugo |
|
|
Sábado, 30. Abril 2011, 10:00 - 20:00
|
|
Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela, ADEGA organiza a xornada “Cultura e Territorio”, contando co patrocinio da Área de Cultura e Deporte de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Será o sábado 30 de Abril no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, sita na Rúa San Marcos, desde as 10 até as 20 horas. A Xornada “Cultura e Territorio” pretende trasladar á sociedade galega unha dobre mensaxe: debemos frear a desfeita territorial e procurar unha alternativa sustentable de ordenación, que conciba o territorio como un valor patrimonial e cultural que debemos protexer. Baixa o Díptico das Xormadas (0,4 Mb) |
Volver
|