Celebra o Día da Árbore na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 2. Abril 2011, 11:00
|
|
SÁBADO 2 DE ABRIL: DÍA DA ÁRBORE
Coincidindo co primeiro sábado de mes, cando sempre temos traballos comunitarios durante o día, imos a celebrar o "Día da Árbore" coa plantación de teixos. Algúns deles foron aportados por Anxo Moure e Miguel Barbeito, outros traeunos Antón de Ferrol. E regarémolos coa auga dos mil ríos galegos, que xente de todo o país achegou a pasada semana no acto de homenaxe aos ríos. Tamén plantaremos algunha planta máis que complete o noso horto de aromáticas.
PROGRAMA:
11.00h => Encontro na Eira e Traballos comunitarios.
14.30h => Xantar. Cadaquén pode traer o seu, ou anotarse para o polbo con cachelos, posto pola organización. O prezo da comida son 15 € (12€ para os socios/as)
16.30h => Presentación do Libro de Adela Figueroa "Madeira de Mulher". Cartaz
17.30h => Plantación de Teixos e plantas aromáticas con acto literario e musical.
NOTA: Para calquera dúbida ou consulta contacta con Pepe (659 683 384) ou con Marcial (638 475 322). Se precisas transporte ou queres compartir desprazamento con outras persoas que se acheguen a Eira da Xoana tamén podes contactar con Pepe ou Marcial para organizar as viaxes.
Tamén podedes mandar un mail a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Máis información no blog d'A Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA no Alto Ulla. |
Volver
|