Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana |
|
|
Mércores, 22. Decembro 2010, 17:30
|
|
Dentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
PROGRAMACIÓN. Mércores 22 de decembro ás 17:30h
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!
Quen estea interesada/o, chame antes do venres aos teléfones: 659 683 384 (Pepe) 638 475 322 (Marcial) Tamén podedes mandar un mail a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Máis información no blog d'A Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA no Alto Ulla. |
Volver
|