Xornadas micolóxicas na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 30. Outubro 2010, 11:00
|
|
O outono oferécenos múltiples posibilidades. É a estación dos froitos, da recolleita.. Acheguémonos a este interesante mundo dos cogumelos, aprendendo a diferencialos e apreciando os seus sabores.
Na Eira da Xoana, Ramil (Agolada)
PROGRAMA:
Sábado, 30 de outubro
11.00 h Recibimento dos participantes no centro ambiental
11.30 h Saída de recoleita ao “monte do biduedo”, onde poderemos apreciar a biodiversidade deste “espazo de custodia”. Acompañaranos o experto micólogo Alberto Granja
13.00 h Volta á Eira da Xoana: Clasificación, preparación e degustación dos cogumelos, cociñados de diferentes 3 maneiras. Haberá tamén empada e queixo da zona
17.00 h Visita ao Castelo de Pambre e a sua contorna
19.30 h Remate
NOTAS: O prezo da actividade (aportación solidaria) son 5 euros; socios/as de ADEGA: 3 euros
Se queredes participar, chamade ao tel. - 638475322 (Marcial, ADEGA Alto Ulla) antes do xoves 28-O. |
Volver
|