Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteirríos 2010: fin de semana en Trevinca
Sábado, 25. Setembro 2010, 10:00
Cromo: Ramsés PérezROTEIRRÍOS é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social.
A temática escollida para os itineraios neste ano é o de ríos de montaña. O noso país acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun gran valor ecolóxico.

Nesta edición realizarase un roteiro na fin de semana do 25-26 de setembro por Pena Trevinca.

PROGRAMA PROVISIONAL

Sábado 25
08:00 Saída de Compostela
11.00 Encontro  no punto de información de A Veiga

12.00 Saída cara ao roteiro da Lagoa da serpe
17.00 Volta cara ao Albergue
21.00 Cea na Veiga
24.00 Paseo nocturno opcional

Domingo 26
09.00 Almorzo
10.00 Saída do roteiro do Río Xares
16.30 Volta a Casa

 

A quen vai dirixido?

Roteirríos vai dirixido a toda a cidadanía, tanto aos participantes do Proxecto Ríos como aquelas persoas interesadas en coñecer o noso patrimonio fluvial. Nos roteirríos poderán participar maiores de idade ou menores acompañados dalgún familar ou responsábel.

 

Prazas e Preinscripcións:

As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado.

 

O custo do roteiro é de 15€ e, a cea do sábado e o almorzo do domingo. (asumindo o Proxecto Ríos os gastos do aloxamento e guía da ruta). Correrá a cargo dos participantes o desplazamento ata a Veiga, e os xantares do sábado e domingo.

O aloxamento realizarse no refuxio de montaña Roxelio Pereira Muiños, polo que compre levar saco de durmir. Tamén recomendamos levar calzado cómodo e roupa de abrigo.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos.

Proxecto Ríos
Travesa de Basquiños, 9 Baixo
15703 Santiago de Compostela

Ou ben por correo electrónico ou por teléfono:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; tel.: 616 238050 / 981 570099

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA