Os vindeiros días 24 a 26 de Xuño de 2010 clelebrarase o III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza, co título "Soberanía Alimentar e Agricultura Ecolóxica. Propostas de Acción". Será en Vigo, no Edificio Miralles (Cámpus Universitario Lagoas-Marcosende).
Obxectivo xeral
A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso. Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.
Áreas temáticas
- Políticas agrarias e desenvolvemento rural
- Protección de plantas, biodiversidade e recursos xenéticos
- Agroecoloxía e coñecemento tradicional
- Auga, solos e fertilización. Produción de plantas e prácticas culturais
- Elaboración, transformación, comercio e consumo de produtos da agricultura ecolóxica
- Ética, ciencia e educación
- Transición a agricultura ecolóxica
- Sistemas ecolóxicos de produción animal
- Monte: silvicultura ecolóxica, cogomelos e pequenos froitos. Valores sociais e culturais
- Seguridade e saúde alimentaria. Calidade nos alimentos ecolóxicos
- Lexislación, normas e certificación
- Paisaxe, valores ambientais e turismo rural
Datas importantes
Envio do resumo da comunicación/póster
Deberase remitir (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
) arquivo word, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a e organización; Título; Área temática na que se propón incluír.
Data límite: 30 de abril
Resposta do Comité Científico, recibido o resumo, en 15 días recibirá o primeiro autor, mensaxe de aceptación ou rexeitamento.
Envio do texto completo
Remitirase (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
) texto completo en arquivo de texto cun máximo de 20 páxinas, incluídos cadros, gráficas e bibliografía: papel A4, marxes simétricas de 2,5 cm, 1,5 de interliñado e letra verdana 11.
Data límite: 28 de maio
Resposta do Comité Científico: recibido o texto completo, en 15 días recibirá o primeiro autor mensaxe de aceptación ou rexeitamento
Idioma
O idioma do congreso será o galego. Textos e presentacións tamén serán aceptadas en castelán e portugués. Editarase libro con todas as comunicacións presentadas.
Lugar de celebración
Universidade de Vigo. Campus Universitario Lagoas-Marcosende. Edificio Miralles. Vigo.
Organiza: Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía. Universidade de Vigo
Programa
Ficha de Inscrición