Adega
INICIO Axenda
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
VI encontro do voluntariado do Proxecto Ríos
Sábado, 5. Xuño 2010, 10:30
imagen2.jpgO día 5 de xuño de 2010 celebraremos o VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Cambre (Biblioteca Central). Este ano faremos fincapé na custodia fluvial como ferramenta para a participación social en ríos. A custodia fluvial ou adopción de ríos é unha das fins do Proxecto Ríos, onde os grupos participantes poden desenvolver accións máis concretas de conservación dos ecosistemas fluviais através do voluntariado ambiental. Coñeceremos tamén experiencias dos Proxectos Ríos doutros territorios do estado, nomeadamente de Cantabria e Cataluña. e presentaremos os proxectos de custodia que está a realizar o Proxecto Ríos de Galiza e distintas entidades do país.

Estades todos/as convidados/as.

Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.

Nestos encontros presentaremos oficialmente e entregaremos os novos materiais de traballo do PR.

PROGRAMA

10.30h. Sesión inaugural. Manuel Borobio Sanchíz, Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe  (pendente confirmación). Antón Otero Domínguez, Concelleiro de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade de Cambre. Gumersinda Becerra Montes, concelleira de Turismo, Patrimonio e Medio Rural de Cambre. Virginia Rodríguez, Coordenadora do Proxecto Ríos e Presidenta de ADEGA

11.00h. A Custodia fluvial na rede Proyecto Ríos. Andrea Munitas, Projecte Rius-Catalunya. Nacho Cloux, Proyecto Ríos- Cantabria. Ramsés Pérez, Proxecto Ríos-Galiza

12.30 Presentación de experiencias

14.30 Xantar popular

16.30 Roteiro Interpretativo polo río Mero

Se estás interesado/a en participar  inscríbete enviando un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tlf: 98. 57.00.99


Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA