IV Campo de voluntariado ambiental no río Tea |
|
|
Venres, 23. Abril 2010, 10:00
|
|
NOVA EDICIÓN DO CAMPO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL DO TEA
A fin de semana do 23, 24 e 25 de abril de 2010, terá lugar a segunda quenda do IV Campo de Voluntariado Ambiental do río Tea. Estes campos de traballo están adicados á eliminación de flora exótica invasora presente nas marxes do Tea, dentro do Programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.Neste turno temos aberto o prazo de inscrición e quedan aínda prazas para anotarse. Tamén vos podedes apuntar aos outros turnos, que serán: 11, 12 e 13 de xuño e 15, 16 e 17 de outubro.
Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición que atoparás na páxina web do proxecto e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. |
http://www.proxectorios.org/ |
Volver
|