Rota en bici e obradoiro de ergonomía na UDC |
|
|
Xoves, 15. Novembro 2012, 16:00
|
|
Todas aquelas persoas que desexen coñecer unha ruta segura e alternativa para chegar ao campus desde o centro da Coruña en bicicleta, poden achegarse o 15 de novembro ás 16:00 h á praza de Pontevedra, en bici, para subirmos desde alí até Elviña. Á continuación, ás 17 h no edificio Xoana Capdevielle, dará comezo un obradoiro impartido pola asociación Mobi-Liza, onde aprenderemos os coidados básicos da bicicleta. Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a Máis información no blog da oficina http://biciblogudc.blogspot.com.es/ ou siguenos no facebook na páxina; oficina de medio ambiente UDC e no twiter; OMA_UDC
Esperámosvos!
Esta é unha actividade organizada pola oficina de medio ambiente da universidade de A Coruña da cal a equipa de educación ambiental de ADEGA forma parte como asesoría técnica. |
Volver
|