Día de bicieta e Día Internacional da Terra en ADEGA-Ferrolterra |
|
|
Domingo, 21. Abril 2013, 11:00
|
|
19 de abril celébrase o Día Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas.
As cidades de todo o mundo están cheas de coches. O seu uso indiscriminado xera contaminación, crea desigualdade e individualiza. A bicicleta preséntase como un medio de locomoción alternativo económico e ecolóxico: é beneficioso para a nosa saúde en todas as idades e respectuoso co medio. Tanto dentro da cidade coma en ámbitos rurais o uso da bicicleta é o catalizador dunha vida máis saudable nunha sociedade responsable. Adega na bisbarra de Ferrol anima aos cidadáns de Ferrolterra a sumarse á iniciativa de promover o uso da bicicleta, e a sumarse ás iniciativas que se levan a cabo en relación con este evento. En concreto o proximo dia 21 celébrase unha marcha ciclista en Caranza, promovida pola A.VV. de Caranza barrio e polo Club Ciclista Ferrol a que animamos á cidadanía a participar. Tamén dende ADEGA se solicita aos concellos da bisbarra, o incremento nos puntos de uso de préstamo de bicicletas ou instalar, no seu caso, os devanditos puntos, así como facilitar a interconectividade entre os puntos de préstamo de bicicletas de diferentes concellos. Ademáis dende Adega anímase á cidadanía a apoiar todas as iniciativas que diferentes colectivos e asociaciacións levan adiante estes días en conmemoración do Dia Internacional da Terra o próximo dia 22 de abril.
|
Contacto :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
;
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/786-22-de-abril-dia-internacional-de-la-tierra
http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/784-19-de-abril-dia-mundial-de-la-bicicleta
|
Volver
|