Marcha contra as celulosas 2012 |
|
|
Sábado, 2. Xuño 2012, 19:30
|
|
Un ano máis a APDR convoca a MARCHA CONTRA CELULOSAS, e este ano con máis razóns se cabe: Tanto ENCE coma ELNOSA queren perpetuar a súa presenza en Lourizán máis alá do 2018 cunha prórroga de 30 anos, que viría da mán da modificación da Lei de Costas.
Será este sábado día 2 de xuño con saída ás 19:30 horas das alamedas de Pontevedra e de Marín. Ao remate haberá polbo á feira, viño, etc.. na praza da Pedreira.
Busca a faixa de ADEGA e mobilízate en defensa da nosa ría, dos nosos bosques e da nosa saúde. |
Volver
|