Celebra o Día Mundial dos Océanos con ADEGA |
|
|
Mércores, 8. Xuño 2011, 11:00
|
|
O día 8 de Xuño con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos ADEGA, xunto á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a Federación Galega de Surf van realizar unha actividade na praia do Ancoradoiro (Muros).
Sairemos de diferentes lugares, coa opción de compartir os coches cos voluntarios e voluntarias, dende Compostela ás 10 da mañá. A xornada comezará ás 11 horas aproximadamente no punto de encontro desta praia (o aparcadoiro).
Comezaremos cunha pequena presentación dos problemas actuais dos océanos e sobre todo se incidirá na grande cantidade de plásticos e residuos que albergan todos os mares do mundo, a súa orixe e as súas causas. A seguir realizaremos unha limpeza da praia tendo especial precaución co ecosistema dunar, tentando non alterar a fauna destes hábitats, e non pisar as dunas excesivamente. A retirada de lixo será manual e tentaremos recoller a maior cantidade posible de plástico e outros materiais de orixe antropoxénico que aparezan na praia, tamén organizaremos este lixo unha vez recollido dependendo da súa orixe.
Levaremos este lixo a un lugar visible para o servizos de limpeza (para a súa posterior retirada), e será entón a sesión de xantar e descanso. Pola tarde contaremos cunha actividade divulgativa por parte do presidente da CEMMA (Alfredo López) que nos falará das tarefas a realizar no caso dun varamento de cetáceos. Por outra banda explicará como facer unha monitorización destes animais.
Contaremos con voluntarios e voluntarias que se achegarán a este fermoso lugar para comprobar como a man do ser humano pode chegar a lugares insospeitados e contaminar ata o último recuncho do planeta.
+ info: Lucía Parente (ADEGA) tlf. 981 57 00 99 /669 80 69 08
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|