A Oficina de medio ambiente (OMA) da UDC e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizamos un ano máis o ciclo de conferencias e obradoiros Primavera Ambiental, co obxectivo de achegar á comunidade universitaria diversas problemáticas, propostas e vías de participación na súa solución.
A duración do ciclo será desde o 10 de abril até o 7 de xuño. En oito actividades diferenciadas, abordaremos temáticas tan diversas como os residuos, a agroecoloxía, a biodiversidade, a enerxía, o consumo responsable... Ademais dunha compoñente teórica para a que convidamos a persoas expertas, todas elas inclúen aspectos prácticos e traballos aplicados ao campus e aos centros universitarios. Polo seu contido eminentemente práctico, todas elas están abertas á participación como voluntariado ambiental.
PROGRAMA DA PRIMAVERIA AMBIENTAL
10 de abril: Horta urbana e compostaxe. Veremos como converter unha terraza ou balcón nunha horta, poñeremos a punto unha mesa de cultivo e visitaremos a área de compostaxe da UDC. Contaremos coa intervención da Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU)
18 de abril: Proxecto Ríos. Coñeceremos este programa de voluntariado en ríos e faremos a inspección de primavera do río Lagares. Acompañaranos un educador do Proxecto Ríos
24 de abril: Encontro solar. Faremos unha exposición-obradoiro de aparellos solares, como fornos solares e outros, e teremos unha visita guiada a unha instalación fotovoltaica da UDC e a un centro con elementos de bioclimatización. Tamén haberá lugar para organizar un mercadiño de troco
8 de maio: Reutilización e reciclaxe. Aprenderemos a importancia da reciclaxe de papel e aprenderemos a facer un consumo responsable do mesmo, presentaremos a campaña de aforro e reutilización de papel levada a cabo pola OMA e aprenderemos a elaborar cadernos con papel reutilizado
15 de maio: Caixas niño para morcegos. Coñeceremos a vida dos morcegos e para fomentar a biodiversidade no campus construiremos caixas niño que penduraremos polo campus. Posteriormente faremos o seguimento destas caixas. Contaremos con persoal experto en morcegos da Asociación Drosera
22 de maio: Día mundial da biodiversidade. Faremos unha actividade de restauración participativa no monte da Fraga, e construiremos unha pequena charca co obxectivo de incrementar a poboación de anfibios e libeliñas no campus
29 de maio: Flora exótica invasora. Da man de ADEGA, aprenderemos a identificar a flora exótica invasora e posteriormente sairemos ao monte da Fraga a facer unha eliminación deste tipo de especies.
7 de xuño: limpeza de praias. Para clausurar o ciclo participaremos na limpeza simultánea de praias.
Se estás interesado/a nalgunha destas actividades podes reservar xa a túa praza no correo da Oficina de Medio Ambiente
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
. |