VIII Campo de voluntariado ambiental do río Tea |
|
|
Venres, 24. Maio 2013, 12:00
|
|
VIII Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea |
|
|
Estamos preparan do o próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea. Será o 24, 25 e 26 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes VIII Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.
Desta vez realizaremos un seguimento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.
O aloxamento como doutras veces será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas.
Se queres participar cubre a preinscrición: inscricion_VIII_campo.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos. Podes descargar tamén o cartaz da actividade:VIII EEI do Tea.pdf
Proxecto Ríos Mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf/fax: 981 57 00 99. Móbil: 619 672 038 |
Volver
|