Construción dunha charca e eliminación de invasoras na UDC |
|
|
Mércores, 22. Maio 2013, 10:30
|
|
Seguindo a programación da primavera ambiental, a Oficina de Medio Ambiente convoca dúas actividades de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que se celebrarán o 22 e 29 de Maio no Campus da Zapateira.
O 22 de maio, conmemorando o Día Mundial da Biodiversidade, aproveitaremos para construír unha charca no monte da Fraga, o que favorece a recuperación das poboacións de anfibios, odonatos…
O 29 de maio aproveitaremos para eliminar especies exóticas invasoras no monte da Fraga. As especies exóticas invasoras son hoxe a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.
Cada unha das xornadas de traballo irá acompañada dunha charla introdutoria para coñecer a problemática.
O PROGRAMA é o seguinte:
Xornada de construción dunha charca o día 22 de maio
10:30h Charla “Charcas con vida”. Facultade de ciencias, salón de actos, relatora: Lucia Parente. Educadora ambiental de ADEGA
11:30h Comezo da xornada de traballo no monte da Fraga.
Xantar con produtos ecolóxicos.
17:00h Remate da xornada de traballo.
Xornada de eliminación de flora exótica invasora o día 29 de maio
10:30h Charla especies exóticas invasoras. Facultade de ciencias, salón de actos, relator: Ramses Pérez. Educador ambiental de ADEGA 11.30h Comezo da xornada de eliminación de flora exótica invasora no monte da Fraga.
14:30h Remate da xornada de traballo.
Para participar na xornada é importante inscribirse no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
para que poidamos preparar a ferramenta e o xantar.
Podedes anotarvos á unha ou ás dúas xornadas. No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade. |
Contacto : http://medioambienteudc.blogspot.com.es/ |
Volver
|