Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
|
|
Desde Sábado, 19. Maio 2012 - 10:00 Até Sábado, 14. Xullo 2012 - 14:00
|
|
Dende a CEMMA, organización coa que colabora ADEGA, convidámosvos a participar nos vindeiros cursos de formación para voluntarios/as e asociados/as que estamos a organizar, cos que se pretende divulgar os traballos da CEMMA e axudar aos voluntarios a hora de participar e colaborar connosco. Os cursos leváranse a cabo no local da CEMMA en Nigrán durante os vindeiros sábados (maio, xuño e xullo), e inclúen unha parte práctica. O custo dos cursos e actividades e gratuíto.
O número de participantes en cada data será dun máximo de 20. Será necesario un mínimo de 10 persoas para a súa realización.
Podedes descarregar o PROGRAMA (5.22 Mb) con toda a información dos cursos
Para máis información e inscricións contactade através do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, onde a responsábel de voluntariado da CEMMA, Luz Santos, porase en contacto convosco. |
Localización : http://www.facebook.com/pages/CEMMACetaceos/191719850859198?sk=wall |
Volver
|