Plantación popular de acivros en Sillobre |
|
|
Domingo, 17. Abril 2011, 16:30
|
|
PLANTACIÓN POPULAR DE ACIVROS
A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, organiza o domingo 17 de abril, ás 16:30 un acto de convivencia no monte comunal de Marraxón cunha plantación popular de acivros.
Asemade, reforestarase, tamén de xeito popular, un anaco de monte que queda por repoboar.
O acto é aberto, libre e gratuito para todas as persoas, e de todas as idades.
Haberá que ir equipado coa vestimenta e ferramenta adecuada para a ocasión, e decir, non levar o traxe dos domingos, e levar algunha pa ou un sacho para facer os furados.
Quén queira traer os seus propios acibros para plantalos, pode e debe facelo.
VIVE A NATUREZA, VIVE O COMUNAL, VIVE MARRAXÓN.
Organiza:Comunidade de Montes de Marraxón.
Colabora:. ADEGA-Ferrolterra, A.VV. de Sillobre, A.VV Santo Samarco, S.C.R.D Agarimo
|
Volver
|