Feira de Asociacións Socioculturais de Lugo |
|
|
Desde Venres, 8. Abril 2011 - 17:00 Até Domingo, 10. Abril 2011 - 14:00
|
|
Feira de asociacións en Lugo: 8, 9 e 10 de abril de 2011.
Os días 8, 9 e 10 de abril ADEGA participará na Feira de Asociacións Socioculturais de Lugo. Por fin, logo de ser censurada polo Concello en anos pasados, desta volta poderemos realizala a costa de insistir e de manifestar os nosos dereitos. A carpa estará situada na Praza da Soidade, onde cada organización contará co seu espazo para darse a coñecer e divulgar o seu material educativo e reivindicativo. Ademais están previstas outras actividades paralelas na mesma praza.
O horario da Feira de Asociacións é o seguinte: Venres, día 8. De 17h a 21h. Sábado, día 9. De 11h a 14h e de 17h a 21h. Domingo, día 10. De 11h a 14h.
|
Volver
|