35 Asemblea Xeral de ADEGA |
|
|
Sábado, 27. Novembro 2010, 10:30
|
|
35ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ADEGA; ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Por acordo da Xunta Directiva, a 35 Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro sábado 27 de novembro. Será na Coruña, nos locais do Centro Cívico dos Mallos (Avenida de Arteixo 147, bx. A Coruña -ver ligazón-).
ORDE DO DÍA:
Sábado 27 de novembro de 2010
Mañán:
10:30 Saúdos e benvida. 10:40. Balanzo de actividades e propostas. 11:15. Planificacion estratexica e xestión do cambio.
11:50. Definición liñas estratéxicas: Comunicación; Educación ambiental; Territorio; Alianzas…
13:30. Xantar de confraternización
Tarde:
16:00. Informe económico.
16:30. Organización. Regulamento. 17:30. Fundación. Estatutos. 17:45. Elección da nova Xunta Directiva.
18:00. Propostas de resolución. 18:30. Peche.
18:30. Asemblea Xeral Extraordinaria. Punto único: proposta de modificación de Estatutos.
Haberá servizo de gardaría. Avisade se o precisades para as vosas crianzas.
O xantar de confraternización será na cervexaría "Paddock" no 111 da mesma Avda. de Arteixo. O prezo é arredor de 15€. Avisase se tenden algunha preferenza especial ou intolerancia alimentar.
Prégasevos que confirmedes a vosa presenza neste xantar (mail ou chamada ao 981570099) para reservar sitio suficiente, denantes do 24 de novembro.
Ubicación CENTRO CÍVICO DOS MALLOS (ligazón GOOGLE MAPS-Streetview)
|
Volver
|