Apresentación da "Guía visual das bolboretas ibéricas dirunas" en Vigo |
|
|
Sábado, 12. Xaneiro 2013, 16:00
|
|
A presentación do libro “MARIPOSAS POR LA VIDA. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas”, resultado do proxecto Objetiu Natura da Fundación Internacional Miquel Valls contra a Esclerose Lateral Amiotrofica (en homenaxe ao naturalista Gabino Martín Toral), será no auditorio da Obra Social Novacaixagalicia, Vigo, o sábado 12 de xaneiro a partir das 16:00 h., co seguinte programa:
Ás 16:00 h: Presentación do libro polos autores (Juan Ramón Córdoba León e José Manuel Sesma Moranas) e a fundación Miquel Valls.
Ás 17:00 h: Presentación dun taller de fotografía guiado por Juan Ramón Córdoba León.
Ás 18:00 h: Charla e exposición dun tema específico relacionado coas bolboretas diurnas, guiado por Rafael Estévez Rodríguez fotógrafo vigués e experto na materia.
Ás 19:00 h: Conferencia sobre a importancia da fotografía na consecución de datos en materia entomolóxica por parte da cidadanía. Ponente José Manuel Sesma Moranas, autor e presidente de Biodiversidad Virtual.
Ás 20:00 h: Charla coloquio/taller de identificación das bolboretas diurnas máis complicadas morfoloxicamente, interacionando co público asistente. Ponentes: Juan Ramón Córdoba León, José Manuel Sesma Moranas, Luis Canencia Suárez, Rafael Estévez Rodríguez e José Alvarez Gándara. |
Volver
|