Adega
INICIO Novas Castrelo do Miño: Morrer entre wolfram e terras raras

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Castrelo do Miño: Morrer entre wolfram e terras raras PDF Imprimir Correo-e
Envia Castrelo do Miño: Morrer entre wolfram e terras raras a FaceBookEnvia Castrelo do Miño: Morrer entre wolfram e terras raras a Twitter

morrer-en-castrelo8 de xaneiro de 2013. A delegación de Ourense de ADEGA vén de apresentar alegacións ao proxecto de investigación do dereito mineiro 5258 Wolfran Aurense reclamado pola empresa "Minas y Geología S.L." nos concellos de Castrelo do Miño, Cartelle, Arnoia e Ramirás. Trátase do enésimo intento dunha empresa mineira (cun capital social de 12.000€) para especular cos nosos recursos natrurais e lucrarse co alto prezo destes minerais (litio, estaño, wolframio, terras raras -tántalo e nioibio-). Ao seu paso, deixará unha terra ferida derramando os valores naturais que manteñen aos sectores produtivos tradicionais da comarca do Ribeiro. En tempos de crise, tamén hai que escoller: Tolerar a desfeita e ficar coas migallas do saqueo mentres dure (3-4 anos) ou respectar a terra para seguir a vivir dela. Apostar polo lucro pasaxeiro das terras raras e ficar sen terra, ou apostar polo viño e a conservación do patrimonio e mantela.

A delegación en Ourense da  Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), visto o proxecto de investigación do dereito mineiro número 5.258 “Wolfran Aurense”, a situar no Concello de Castrelo de Miño, ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas apresenta, no trámite de información pública, as seguintes ALEGACIÓNS,

1º.- Que dita actividade terá efectos moi negativos no paisaxe rural e no medio ambiente, así como no modo de vida dos veciños de Castrelo de Miño, que sempre valoraron e protexeron esta contorna de especial beleza natural, e que se verán afectados polas vibracións, ruídos e incremento do tráfico pesado no viario municipal. Un exemplo desta aposta pola protección da contorna son as máis de 300 vivendas particulares reformadas e restauradas desde o ano 2008, así como as distintas prazas, núcleos, fontes públicas, lavadoiros, paseos fluviais, roteiros forestais... e demais intervencións que as distintas administracións públicas realizaron nos últimos anos.

2º.- Que a localización desta actividade extractiva é incompatible co espazo natural delimitado polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento de Ourense, que declara como espazo especialmente protexido as “Ribeiras do Miño”, e posteriormente recollido na aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3º.- Que existen elementos xeolóxicos (bolos graníticos), etnográficos (canais de auga), cauces de regatos (regato de Reigoso, Regato Grande e Regato de Nogueiredo), que deben ser preservados de calquera actuación que supoña a súa afectación ou desaparición, considerando o previsto na lei 9/2001, de 21 de agosto, de Conservación da Natureza, e de xeito semellante ao que motivou, no seu momento, a declaración de monumento natural o paraxe de Pena Corneira, situado tamén na comarca do Ribeiro.

4º.- Que dentro da cuadrícula solicitada existen ademais catro captacións de auga para abastecemento humano que se verían directamente afectadas pola aparición dunha actividade extractiva (captación de Nogueiredo, captación de Coto Novelle, captación de Traveso e captación de Reigoso). Estas captacións supoñen o abastecemento da gran maioría da poboación das parroquias de Santa María e Barral.

5º.- Que na contorna do pobo de Reigoso está constatada a existencia de elementos do Patrimonio Arqueolóxico consistentes en mámoas e grabados, elementos xa recollidos Na aprobación inicial do PXOM de Castrelo de Miño, e que, conforme establece o artigo 12 do Decreto 232/2008 de 2 de outubro sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, están protexidos por unha área de protección de 200 metros arredor dos mesmos.

6º.- Que instalacións deste tipo suporían un quebranto para a veciñanza deste Concello que aposou dende sempre por sectores produtivos moito máis compatibles co uso racional dos recursos naturais (vitivinicultura, ecoloxía, turismo verde, pesca, restauración…). Destacando principalmente que o concello de Castrelo de Miño é o maior produtor vitícola da Denominación de Orixe Ribeiro. A día de hoxe conta con máis de 900 viticultores que traballan máis de 500 Has de viñedo, 6 adegas industriais e 18 adegas de colleiteiro, que converten a vitivinicultura no principal e destacado motor económico deste municipio, cun volume de negocio medio superior aos 6.000.000 de euros anuais, e que esta actividade extractiva incompatible coa viticultura poría en grave risco, afectando á maior parte dos veciños deste Concello.

7º.- Que a Xunta de Galiza através da Consellería de Medio Rural nos últimos anos realizou investimentos con fondos autonómicos, estatais e europeos que superaron os 23.000.000 euros, facendo unha decidida aposta polo sector produtivo vitivinícola como eixo vertebrador do desenvolvemento económico deste termo municipal a través do Plan de Impulso Vitivinícola do Ribeiro do que forma parte destacada este concello. Investimentos realizados nos que incidiría negativamente esta actividade extractiva.

8º.- Que no Decreto 263/2007 do 28 de decembro, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural declarou “Zona de Especial Interese Agrario” (ZEIA) o Concello de Castrelo de Miño, por razón da súa alta produtividade agrícola posta de manifesto pola existencia de explotacións que o avalan e polas propias características e potencialidades dos terreos ou zonas nas que se encontran.

9º.-  A actividade extractiva non tivo nunca lugar en Castrelo de Miño, nin no pasado, nin nun presente marcado pola alta incidencia vitivinícola. E polo tanto non debe tela nun futuro que os feitos que presento avalan, terá un marcado carácter turístico, vitivinícola, residencial,  forestal, piscícola, deportivo, medioambiental... plenamente compatibles co mantemento actual de carácter e modelo de vida da poboación.

Por todo isto, SOLICITA;

Que tendo por presentado este escrito, sexa admitido, a fin de que, tras os trámites legais que procedan, sexa denegada a autorización do proxecto de investigación do dereito mineiro número 5.258 “Wolfran Aurense” sito no Concello de Castrelo de Miño, autorización que carece de sentido se a actividade, en base ao anteriormente exposto, non pode desenvolverse.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA