Adega
INICIO Novas ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño a FaceBookEnvia ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño a Twitter
comida_e_merda.jpg19 de Febreiro de 2009. Ante a querella recibida ADEGA e máis Matar por Matar Non por emitir críticas lexítimas sobre o lamentable estado da canceira do Carballiño, ADEGA quere manifestar que reitera as denuncias efectuadas con anterioridade que reflicten con claridade que existiu unha xestión nefasta e carente de toda planificación. As denuncias sobre o pésimo estado da canceira tamén foron efectuadas por outros grupos ecoloxistas como Amigos da Terra e máis asociacións pola defensa dos dereitos dos animais.

Asimesmo ADEGA tamén reitera o seu interés por coñecer onde están invertidos os 250.000 euros de cartos públicos destinados ás obras da canceira do Carballiño.
Se despois de investir 250.000 euros nunha canceira non se instalou auga corrente nin luz eléctrica é que algo falla.
Como pode funcionar unha canceira e manter unhas mínimas condicións de limpeza e salubridade sen dispor dos mínimos servizos básicos para atendela.
Todas as persoas teñen dereito a denunciar a outras cando o estimen oportuno, agora ben, hai denuncias que están fundamentadas con probas gráficas e documentais que demostran a deixadez de funcións e a falta de control do gasto público deste caso e hai outras fundamentadas no resentimento e co obxecto de acalar as críticas sobre a xestión da canceira con claro interés por intimidar aos denunciantes da canceira.
ADEGA reitera tamén a súa intención de levar este asunto até o final no que se demostrarán as irregularidades cometidas por determinadas persoas e se pedirán as responsabilidades que se consideren oportunas.
Está claro que todo o mundo pode poñer as denuncias que queira outra cousa é que esas denuncias estean fundamentadas na verdade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA