Adega
INICIO Novas

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Novas de ADEGA-O Carballiño


Por unha solución dialogada á problemática da compostaxe no Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia Por unha solución dialogada á problemática da compostaxe no Carballiño a FaceBookEnvia Por unha solución dialogada á problemática da compostaxe no Carballiño a Twitter
7 de novembro de 2010. Ante o conflito que na Comarca do Carballiño está a xerar a actividade de Compost Galicia, ADEGA quere facer pública a súa opinión co obxectivo de contribuir a unha solución dialogada. En primeiro lugar, queremos expresar unha vez máis o noso apoio á compostaxe como alternativa ecolóxica e sustentábel para a xestión de residuos orgánicos. A compostaxe é un proceso natural e ecolóxico que permite o aproveitamento dos residuos orgánicos como fertilizante seguro, de calidade e hixiénico para as terras produtivas, evitando a contaminación doutras formas de tratar o lixo como o vertido ou a incineración. Os solos de cultivo en xeral, e especialmente os viñedos, teñen na actualidade un grande déficit de materia orgánica, problema ao que esta planta de compostaxe pioneira en Galiza pode axudar a resolver.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño a FaceBookEnvia O SEPRONA confirma as graves irregularidades denunciadas na canceira do Carballiño a Twitter
20 de marzo de 2009. As denuncias feitas por ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar, NON! polo estado da canceira do Carballiño, veñen de ser verificadas agora polo SEPRONA que interpuxo catro denuncias perante Consellería de Medio Ambiente. O pasado 3 de marzo, membros dos tres grupos ecoloxistas personámonos no cuartel do Carballiño para denunciar as graves irregularidades e outras circunstancias alarmantes como o drástico descenso de cans e a presenza dunha foxa cun gran número de cadáveres provintes da propia canceira (70 segundo os informes do SERPONA).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A canceira do Carballiño convértese nun campo de exterminio de cans PDF Imprimir Correo-e
Envia A canceira do Carballiño convértese nun campo de exterminio de cans a FaceBookEnvia A canceira do Carballiño convértese nun campo de exterminio de cans a Twitter
mortos_recentes.jpgCarballiño 4 de Marzo de 2009. Membros de Amigos da Terra, ADEGA e Matar por Matar Non atoparon no día de hoxe unha fosa común con numerosos cans sacrificados. O vídeo gravado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra deixa ben as claras a magnitude do asasinato dos animais. Temos que salientar que os feitos foron denunciados ante a autoridade competente. Sacrificar cans sen estar debidamente autorizado e ademais facelo en condicións non axeitadas é un delito de carácter penal. Agardamos que os responsables desta masacre sexan conscientes da extrema gravidade dos feitos e que teñan por seguro que esixiremos que a lei caia con toda contundencia contra eles.
Aviso o vídeo dos feitos pode ferir a sensibilidade.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño a FaceBookEnvia ADEGA reitera as denuncias sobre o lamentable estado da Canceira do Carballiño a Twitter
comida_e_merda.jpg19 de Febreiro de 2009. Ante a querella recibida ADEGA e máis Matar por Matar Non por emitir críticas lexítimas sobre o lamentable estado da canceira do Carballiño, ADEGA quere manifestar que reitera as denuncias efectuadas con anterioridade que reflicten con claridade que existiu unha xestión nefasta e carente de toda planificación. As denuncias sobre o pésimo estado da canceira tamén foron efectuadas por outros grupos ecoloxistas como Amigos da Terra e máis asociacións pola defensa dos dereitos dos animais.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 


Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA