ADEGA apoia a concentración convocada pola A.V.N.A. o 22 de marzo as 15:30 no Concello de Culleredo |
A Coruña, 20 de marzo do 2011. Ante o inminente levantamento de actas de expropiación aos veciños afectados pola obra faraónica da ampliación de Alvedro, a Asociación de Veciños Afectados pola Ampliación do Aeroporto de Alvedro decidiu convocar unha concnetración o día 22 de marzo as 15:30 diante do concello, coincidindo coa chegada dos técnicos de Alvedro.
ADEGA decide apoiar esta concentración porque segue a considerar esta obra destrutiva, innecesaria e froito da especulación máis dura, e que se se chegase a realizar esta obra tería un gran impacto medio-ambiental na comarca da Coruña. Por eso pedimos a inmediata paralización do proceso e a clasidiacación de Alvedro como aeroporto urbano, e a inversión do presuposto da ampliación en crear trens de cercanías na comarca da Coruña que servan para atallar os verdadeiros problemas de mobilidade. Así mesmo ADEGA quere expresar a súa solidaridade cos veciños afectados tanto directa como indirectamente. ADEGA quere remarcar a importacia do uso responsable e rigoroso do orzamento público, xa que consideramos avergoñante que mentras dende o goberno do estado se está a recoñecer o problema do malgasto enerxético da sociedade, facendo medidas que impulsen o aforro como pode ser a redución da velocidade nas autovías, por outro lado seguen a impulsar obras caprichosas q van xusto na dirección contraria ao aforro enerxético, demostrando a incoherencia e a pouca seriedade da actual dirección do ministerio de fomento. |