Adega
INICIO Novas Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio
Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio PDF Imprimir Correo-e
Envia Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio a FaceBookEnvia Este domingo, percorre con ADEGA-Lugo a Ruta das Fontiñas no Incio a Twitter

CASTROADEGA-Lugo fará este domingo día 17, o seu roteiro polas terras do Inicio. Esta andaina, que se enmarca no programa de roteiros 2012-2013 adicado á Galiza Máxica, realizarase pola chamada Ruta das Fontiñas, na que podemos observar castros con gravuras de peixes e cabalos. Logo, de camiño ao Incio, veremos auténticos monumentos naturais, como o Carballo de Piteiro. Nesta ocasión contaremos con dúas guías de excepción, Tereixa e Marica Campo.  Lembrade que para participar deberedes chamar previamente a ADEGA-Lugo (982240299).

Ao comezo da ruta visitaremos o Castro de Formigueiros, pola Serra do Édramo, até a Igrexa de San Eufrasio, pasando pola Fonte do Val. O castro, a uns 795 m. e cunhas impoñentes murallas, constitúe unha atalaia desde a que se albisca unha ampla panorámica. Nel atopáronse lousas con gravuras de peixes e cabalos, ademais de numerosas construcións. Visitaremos, despois, en Vilameá o Carballo de Piteiro. Trátase dun xigante natural ao que os expertos outorgan unha idade de entre os 250 e os 500 anos. Desde Vilameá subiremos a Pacios para visitar o Castro de San Romao sobre o que se sitúa a igrexa do mesmo nome. Despois, en autobús, dirixirémonos ao Incio, primeiro a Santa Cruz e despois o Hospital, onde poderemos visitar a igrexa románica construída con mármore da zona. Coñeceremos diversas lendas do lugar da man de dúas relatoras de excepción: Tereixa e Marica Campo.

A SAÍDA
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h.

RESERVA DE PRAZA
Lembramos que tedes que anotarvos previametne chamando ao 679113718 ou ao 982240299 ou ata o venres no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PREZOS
Xeral: 15 €
Estudantes, xubilados e parados/as: 12 €
Socios/as: 10 €
Até 17 anos: 5 €
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA