Adega
INICIO Novas ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012
ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 a FaceBookEnvia ADEGA entregou hoxe os premios dos concursos de fotos, relatos e curtas polo territorio 2012 a Twitter

grupo premiadosLugo 7 xaneiro de 2013. ADEGA e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, entregaron hoxe os premios do II Concurso Fotográfico “Fotografías polo territorio”, do II Certame de Relatos ‘O lugar onde vivo’ e do I Certame de Curtametraxes ‘E ti que é o que ves”, que organiza ADEGA en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os tres certames en enmárcanse dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, nacida co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra, e están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Nesta edición achegáronse 50 fotografías, uns 40 relatos e 8 curtametraxes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, etc.

II CONCURSO "FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO"

O obxectivo do concurso de fotografía foi, por unha banda, ofrecer imaxes nas que se mostren agresións ao territorio por parte da actividade humana, xa sexa contra o patrimonio, a cultura a paisaxe eo medio natural, ou aquelas que poñan en valor este patrimonio. Plantexáronse dúas categorías para este premio, xuvenil e adulta, presentándose un total de 50 traballos. Os premiados foron:

  •  Categoría Adultos/as:
-Gañador: "Mar de contaminación" Foto Mar de contaminaciónde Alberte Sánchez Regueiro (Cerceda).
Galardón: Diploma e 200 euros.
 
-Finalistas:
-“Na fin do mundo” e “Ventá ó encoro” de David Martín Utrera (Agolada). Diploma.
-“Nin unha gota” de Ángel Luis Utrera Baza (Agolada). Diploma.
-“Conta-minas” de Roberto Roget Antelo (Baíñas-Vimianzo). Diploma.
  •  Categoría Xuvenil:

-Gañador:Gañador Frío "Frío" de Marcos Utrera Iglesias (Agolada). Diploma e 150 euros.

-Finalistas: “Montes de Ardán” de Alumnos do e Ciclo de Educación Primaria do C.E.I.P de ARDÁN (ARDÁN). Diploma.

II CONCURSO DE RELATOS "O LUGAR ONDE VIVO"

No caso do certame literario tamén participaron máis de 40 relatos, e para decidir os gañadores, o xurado baseouse na orixinalidade, na calidade literaria, na coherencia do código lingüístico empregado e que o territorio galego figurase no relato. Os premiados foron:

  • Categoría Adultos/as:

entrega relato 1-Gañador: “Ribeira” de Francisco Castro Alvaredo (O Incio). Diploma e 250 euros.

-Finalistas:
-“O anel” de Marisa Otero López (Santa cruz de Ribadulla, Vedra). Diploma.
-“O meu lar” de Sonia Nogueiras Santana (Vilar de Santos). Diploma. 
-“Os sons dun pobo” de Sandra Lorenzo Rodríguez (Ourense). Diploma.
  • Categoría Xuvenil:

-Gañador: “A cadeira da moura” de Daniel Duque Puga (Barcela-Arbo). Diploma e 200 euros.

-Finalistas:
-“Mobiliario mortal” de Sara Azidane Chenlo (Pontecesures). Diploma.
-“O muíño do inferno” de Sheila Guille Bugarín (As Neves). Diploma.
-“Brión, un Concello máxico” de Ana Souto Villanustre (Brión). Diploma.

I CONCURSO DE CURTAMETRAXES "E TI QUE É O QUE VES?"

gañador curtasNo marco da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, este ano ADEGA tamén convocou o I Certame de Curtametraxes “E ti que é o que ves?, co gallo de que a sociedade retratase o estado actual do territorio galego a través dun documento audiovisual. Este certame consta dunha soa categoría, a adulta, con dous premios. Estes foron os galardoados:

-“Listos do pueblo” de Xabier Ramos Vieiro. (Diploma).
-“Cociña Criminal” de Jorge Alba. (Diploma). 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA