Adega
INICIO Novas Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo
Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Envia Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo a FaceBookEnvia Exposición fotográfica sobre o Castro de Atalaia (Cervo) na Deputación de Lugo a Twitter
catalaiaEste luns 7 de xuño, ás 20 horas, no refectorio do Museo Provincial de Lugo inaugúrase a exposición fotográfica sobre o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia, de San Cibrao-Cervo, que estará aberta ao público até o 20 de xuño. Con esta exposición, organizada por Mariña Patrimonio, coa colaboración de ADEGA e a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, preténdese dar a coñecer o valioso patrimonio arqueolóxico descuberto nesta illa a resultas das excavacións arqueolóxicas realizadas no sector norte. Baixa o CARTAZ DA MOSTRA

Os informes arqueolóxicos destas excavacións veñen a confirmar os argumentos sobre interese histórico e tamén xeolóxico do xacemento que ADEGA e Mariña patrimonio vimos defendendo dende que en xuño do 2006. Daquela, denunciamos ante a Consellería de Cultura, a Dirección Xeral de Urbanismo e o Concello de Cervo, o inicio das obras de cimentación para a construción de 42 vivendas e que, con alevoso incumplimento da lexislación sobre o Patrimonio cultural e irresponsable desacato fronte a orde de paralización da Delegación Provincial de Cultura, provocou a desaparición dos abundantes e valiosos restos arqueolóxicos de cerámica, muíños e muros castrexos nunha extensión duns 1600 metros cadrados.

Ten sido moito o patrimonio destruído pola irresponsabilidade dunha administración municipal capaz de outorgar unha licenza municipal sen adoptar cautela algunha sobre un patrimonio cuxa existencia tiña máis que sobradas evidencias; ten sido moito o patrimonio arqueolóxico que con alevosa irresponsabilidade acabou convertido en escombreira, pero queda moito aínda que merece e necesita ser conservado, pois estamos, con toda seguridade, ante un castro prerromano que ocupaba a totalidade da illa (hoxe unida a terra por unha estrada asentada sobre un areal) que perdura máis ala da época romana ata quedar sepultado por unha cuberta de area.

Dende ADEGA gustaríanos que esta exposición servise para alertar as conciencias de todos e todas e que, dende esta sensibilidade, logremos que a Xunta e a Xustiza tomen todas as medidas necesarias para a protección, conservación e posta en valor da totalidade do xacemento e para que, asimesmo, non poda quedar impunes a irresponsabilidade e o desacato con que foi destruído unha parte importante do mesmo.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA