Adega
INICIO Novas ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira.
ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. a FaceBookEnvia ADEGA denuncia o Concello Lugo a falta de protección do patrimonio Cultural na Parroquia de Camoira. a Twitter

Chale na Parroquia de Camoira.Lugo 23 de maio do 2010. Vimos de recibir por parte do Servizo de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza tres escritos co asunto referido á “Notificación do acordo de incoación do procedemento sancionador” e que fan referencia á construción de 3 chalés unifamiliares en Camoira, no núcleo rural, na parroquia de Santo Estevo de Camoira no concello de Lugo. O inicio deste expediente sancionador vén dado pola ausencia da necesaria e previa autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Máis concretamente o proceso iníciase pola “realización de obras de edificación... excedendo as obras autorizadas... e polo tanto se contar coa previa e preceptiva autorización da D.X. do Patrimonio Cultural”.

Infórmasenos tamén que os infractores son os promotores da construción dos tres chalés e a quen se dirixe esta dirección xeral cara a imposición das posibles sancións ademais de corrixir e volver ao estado especificado nas licenzas outorgadas. A tipificación da infracción dada ás irregularidades atopadas pola D.X. é a de leve.

Porén, dende esta asociación queremos facer constar o seguinte:

1º Foi xa no ano 2002 cando se solicitou ao concello (que xa daquela paralizara determinadas obras) que tomara a determinación de impedir a construción dunha vivenda por carecer de licenza así como que protexera este entorno cultural de Camoira.

2º As irregularidades denunciadas por ADEGA continuaron ano 2005 cando se deu a coñecer o que estaba a acontecer en Camoira tanto ao concello como ás consellerías involucradas neste asunto.

3º Novamente en anos posteriores se insistiu neste tema chegando mesmo a solicitar a axuda do Defensor del Pueblo.

4º Foi xa no ano 2008 cando ADEGA solicitou a revisión de oficio das licenzas concedidas ás edificacións por parte do Concello de Lugo, por estaren incursas en causas de nulidade de pleno dereito, e, no seu día, previos os trámites oportunos, acordara revogar as mesmas, deixándoas sen efecto, para que se protexera adecuadamente o noso Patrimonio e mesmo a normativa urbanística devolvendo os terreos ó seu estado inicial.

5º Nos mesmos escritos facíase fincapé en que as distintas institucións, especialmente o concello, deberan de informar á veciñanza do grao de protección do núcleo de Camoira. E nese sentido foron reinteradamente as nosas peticións, peticións que, polo que sabemos, non foron atendidas.

6º ADEGA denuncia que dende o Concello de Lugo se teña outorgado licenzas en base a uns proxectos que vulneraban a lexislación vixente tendo en conta o inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia recollido nos catálogos das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para os que calquera intervención estará suxeita a autorización previa da Consellería de Cultura. Coas fotos aportadas ou mesmo coa observación in situ pódese comprobar o incumprimento das máis elementais condicións de integración ambiental das vivendas autorizadas polo que implica a carencia de requisitos esenciais para a adquisición de dereitos edificatorios que se derivan das licenzas. Así pois, sinalábamos a nulidade de pleno dereito das licenzas por carecer dos requisitos esenciais para a súa adquisición.

7º Co coñecemento do inicio do procedemento sancionador insistimos en que non é imputable aos promotores das obras o dano causado derivado do procedemento levado a cabo polo Concello de Lugo obviando os requisitos xa indicados tendo en conta a protección da que goza o núcleo de Camoira incluíndo o Castro no seu radio de 200 m. de protección.

Polo indicado:

Non podemos compartir os procedementos iniciados habida conta que a nosa petición vai na dirección da revisión de oficio das licenzas concedidas por parte do concello por estaren incursas en causas de nulidade de pleno dereito.

Do mesmo xeito solicítamos que sexan os responsables de dar licencia urbanisticas no Concello de Lugo quen indemnicen os propietarios das chales.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA