Adega
INICIO Novas ADEGA presenta ante o Concello de Arbo un amplo proxecto de educación ambiental
ADEGA presenta ante o Concello de Arbo un amplo proxecto de educación ambiental PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA presenta ante o Concello de Arbo un amplo proxecto de educación ambiental a FaceBookEnvia ADEGA presenta ante o Concello de Arbo un amplo proxecto de educación ambiental a Twitter
muinho_san_xoan.gifArbo, 12 de febreiro de 2009. ADEGA ven de presentar un amplo proxecto de Educación Ambiental ante o Concello de Arbo. O proxecto consistiría na cesión por parte do Concello do chamado muiño San Xoán situado na parroquia de San Xoán nun entorno de singular beleza para transformalo nun centro de Educación Ambiental no que desenvolver actividades de educación e divulgación relacionadas co medio ambiente e coa natureza.

Deste xeito dende ADEGA se propoñen actividades como charlas e conferencias sobre temas ambientais de actualidade, obradoiros temáticos de educación ambiental como compostaxe caseira, fogares verdes, proxecto ríos, muller e contorno rural, aldea verde, etc e outras actividades que busquen un contacto coa natureza.
Dentro das iniciativas apresentadas cabria destacar algunhas relacionadas con sectores productivos da comarca, especialmente co forestal e co turismo rural.
Neste sentido as actividades de fomento da xestión forestal sustentable poden redundar en aumentos importantes dos beneficios na comercialización da madeira mediante a divulgación das vantaxes do selo FSC (Forest Stewardship Council-Consello da Certificación Forestal) que é líder mundial na xestion forestal sustentable.
Ademais a asociación quere desenvolver iniciativas en colaboración coas comunidades de montes tanto educativas e divulgativas como asesoramento para acadar a xestión sustentable do monte.
Outra iniciativa novidosa é a que a ADEGA se propón desenvolver en colaboración cas casas de turismo rural ofertando actividades complementarias relacionadas ca natureza que enriquezan a estadía dos turistas na comarca e promovan un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente.
O edificio serviría, ademais de sede da asociación na comarca.
Os membros da asociación son conscientes do esforzo que supón dar vida a un centro de estas características, pero contan con unha ampla experiencia en Educación Ambiental.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA