Contidos Radio CERNA |
CONTIDOS
A función social reivindicativa, educativa e formativa de ADEGA precisa de canles de comunicación axeitadas que permitan a interactividade entre a entidade ecoloxista e a sociedade galega en xeral, tan só deste xeito é posíbel deseñar directrices comúns para o desenvolvemento económico, social e ambiental de Galiza. Por iso Radio CERNA pretende ser o foro, non só das entidades ecoloxistas galegas, senón tamén de aqueles outros sectores sociais implicados nesta finalidade común. Radio CERNA emite diariamente, de luns a venres, espazos dunha duración aproximada de 10 minutos nos que se retransmiten contidos relacionados co ecoloxismo ou coa temática ambiental de Galiza que teñan interese informativo ou educacional para o conxunto da sociedade. CERNA analiza a realidade ambiental galega desde diferentes perspectivas (económica, social e política) e conta coa participación de colaboradores e colaboradoras especializados/as nos distintos eidos do ecoloxismo: biodiversidade, terminoloxía ambiental, lexislación sobre o medio ambiente, consellos para a vida cotiá, patrimonio natural e cultural, enerxías alternativas, toponimia, etc. Tamén informa das novas ambientais máis relevantes que teñen lugar cada semana no territorio galego e ofrece aos cidadáns un espazo de queixa ou denuncia pública de calquera situación que atente contra o noso patrimonio natural ou que sexa degradante para o medio ambiente galego. A continuación sinálanse algunhas das seccións das que consta o espazo radiofónico Cerna de ADEGA: · Tema A FONDO: · Terminoloxía sustentábel · Alternativas limpas · Consellos para a vida cotiá · Toponimia · Patrimonio · Flora e fauna · Lexislación Ambiental · Boletín informativo semanal |