ADEGA na feira Alternalia 2010 |
|
|
Desde Luns, 21. Xuño 2010 - 10:00 Até Domingo, 27. Xuño 2010 - 22:00
|
|
A semana do 21 ao 27 de xuño celebrase no paseo marítimo de Moaña a Feira Alternalia 2010, unha feira adicada ao medio ambiente, bioconstrución e enerxías renovabeis. Como na Mancomunidade do Morrazo ADEGA está a encetar un programa de compostaxe doméstica e comunitaria, vaise dar unha charla sobre este tema o día 21 de xuño ás 20:30 no centro sociocultural de caixanova de Moaña, a cargo de María R. Lafuente, vogal de residuos de ADEGA e responsábel do programa de compostaxe caseira.
Ademais colocaremos un stand informativo na feira realizaremos obradoiros de compostaxe dende o venres 25 ao domingo 27, en horario é de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00. |
Volver
|