Charla en Ourense sobre a incineración |
|
|
Xoves, 26. Xaneiro 2012, 20:00
|
|
A INCINERACIÓN DE RESIDUOS: Efectos sobre a saúde e o medio ambienteCharla de información e debate Xoves 26 de xaneiro ás 8 da tarde no Centro Cívico do barrio de A Ponte (Rúa Euloxio Gómez Franqueira) Intervén: Fins Eirexas, xeólogo e secretario executivo de ADEGA
Qué leva consigo a instalación dunha Incineradora? 1. Queimar materiais tóxicos como plásticos, pinturas, produtos derivados do téxtil, disolventes... A combustión destes materiais emite dioxinas e gases moi contaminantes, en moitos casos de efectos canceríxenos. 2. O lixo débese reducir, reutilizar, recuperar e reciclar. Están a cobrarnos impostos por reciclar para logo xuntar todo o que separamos e queimalo. A Xunta minte e estáfanos cos nosos tributos. 3. A incineración contamina os cultivos, o ar, as augas, os animais, e en definitiva, a saúde. Vivimos nun medio rural con aceptábel calidade ambiental, cultural e social. Non queremos contaminación a cambio de empregos precarios que poñen en perigo a nosa saúde. A Saúde non se vende A Saúde non se merca |
Volver
|