10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós
Os/as Amigos da Terra convidanche a partillar un momento moi especial:
O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!
Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!
Programa:
Sábado
11.30 Encontro
12.00 Introdución aos sistemas de fitodepuración – Que son, alternativas existentes Práctica no Filtro de Macrofitas en Flotación (F.M.F.). Contamos coa colaboración de Javier Santiago, de Tp3 oficina técnica forestal – Galicia
14.00 Xantar (por conta das participantes)
16.30 Microorganismos Efectivos: que son e como empregalos? Obradoiro de EM Dango (bolas de arxila con Microorganismos Efectivos). Contamos coa colaboración de Juan Gaiteiro e Andrés Reboreda, Reboreda SL Sanidade Vexetal
18.00 Obradoiro de elaboración de pan ecolóxico. Contamos coa colaboración dun socio que propuxo a actividade
Comparte a túa experiencia con todos/as nós achegando unha nova proposta!Podes desenvolver algún obradorio enfocado dende distintos eidos: ecolóxico, social, emocional…
Novo!: Obradoiro Rocket Stove, estufa eficiente con barro
21.30 Cea compartida coa comida que levaremos cada unha
E FESTAAAA!!!!!! ata que aguantemos! O aloxamento será no albergue
Domingo
11.00 Almorzo, organizado dende Amigos da Terra
Propoñemos un mercadiño de troco: trae roupa, libros, ou calquera cousa que non uses e penses que outras persoas poidan querer para trocar.
A aportación para a fin de semana é de 10 € por persoa.
Pregamos confirmación da túa asistencia
|