Participa co teu vídeo no "flashmob" do Monte Pindo |
|
|
Martes, 18. Xaneiro 2011, 08:00
|
|
A Asociación Monte Pindo Parque Natural atópase inmersa nunha campaña de difusión e apoio á iniciativa, lanzada por ADEGA, e recentemente rexeitada pola Xunta de criazón do Parque Natural do Monte Pindo. Como parte desta campaña, están a realizar un FlashMob, para o cal precisamos da vosa colaboración.
COMO SE VAI FACER?
O logo da Asociación irá pasando de man en man entre os nosos amigos en todo o mundo, coma se dunha antorcha olímpica se tratase, para ir acabar á Laxa da Moa, no máis alto do Monte Pindo.
COMO PODO COLABORAR?
É verdadeiramente fácil. Só necesitas imprimir o logo da nosa asociación (que podes baixar EIQUÍ) nun folio e dispor dunha cámara (mesmo unha webcam serve).
Daquela, desde o lugar no que che pete, con quen che pete e como che pete, só tes pasar o noso logo desde un lado a outro da gravación, como se estiveses no medio dunha cadea. É dicir, collelo desde fóra de cámara pola túa dereita e sacalo da cámara pola esquerda.
Podes facer cadeas con máis amigos, gravar desde as localizacións máis emblemáticas da cidade onde vives, vestindo o traxe rexional... O único límite é a túa imaxinación!
Manda as túas colaboracións a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
antes do 31 de xaneiro. Ah, e lembra en que lugar gravastes a túa colaboración.
Sabendo que isto vai ser do teu interese, e tamén que te divertirás, agardamos os teus videos!
Asociación Monte Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n, 15296, O Pindo (Carnota)
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
| www.montepindo.org |
Volver
|