1ª travesía en piragua pola rexeneración da Ría do Burgo |
|
|
Domingo, 23. Outubro 2011, 12:00
|
|
DOMINGO 23 de OUTUBRO ás 12:00 horas celebrarase a 1ª TRAVESÍA EN KAIAK POLA REXENERACIÓN DA RÍA DO BURGO
ADEGA Coruña organiza a primeira travesía en piragua pola ría para reclamar a súa completa rexeneración e revalorización como ben común da comarca. O evento terá lugar o próximo domingo 23 de outubro ás 12.00 horas e o percorrido comezará e rematará na ponte románica que cruza a ría do Burgo. Existirán tres categorías: absoluta, infantil e popular. A categoría popular queda aberta para todas e todos que queiran participar, trae a tua propia pirauga ou ben reservaa ao facer a inscripción (aluguer 5€, prazas limitadas). O prazo de inscripción remata o vindeiro xoves 20 de outubro e podes inscribirte a través do correo-e:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou ben chamando ao 696746862 e proporcionando o teu nome completo e DNI/NIE. A incripción é necesaria aínda que traias a túa piragua.
Con esta actividade buscamos poñer en valor a nosa ría e demostrarlle a xente que non só serve como vertedoiro dos nosos residuos, senón que tamén vale para facer deporte, para a observación de aves, etc.. e que se entre todos a coidamos poderá voltar a ser ría productiva que foi nun tempo, xa que a pesares de todas as agresións que recibiu segue albergando no seu interior unha gran biodiversidade.
Contaremos coa colaboración do Concello de Culleredo, a A.VV. O Noso Burgo, a Confraría de Pescadores da Coruña e das Agrupacións de mariscador@s (a pe ea flote).
Os compañeiros/as de ADEGA-A Coruña instalaremos un posto de información e venda de material e outro para o refrixerio dos/as participantes. Se estás interesado en participar e colaborar na organización deste acto, manda un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
O domingo 23 móllate pola ría! |
Contacto :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|