Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Día de bicieta e Día Internacional da Terra en ADEGA-Ferrolterra
Domingo, 21. Abril 2013, 11:00

bicis2.bmp19 de abril celébrase o Día Mundial da Bicicleta co obxectivo de promover este medio de transporte e chamar a atención sobre os dereitos dos ciclistas.

As cidades de todo o mundo están cheas de coches. O seu uso indiscriminado xera contaminación, crea desigualdade e individualiza. A bicicleta preséntase como un medio de locomoción alternativo económico e ecolóxico: é beneficioso para a nosa saúde en todas as idades e respectuoso co medio. Tanto dentro da cidade coma en ámbitos rurais o uso da bicicleta é o catalizador dunha vida máis saudable nunha sociedade responsable.
Adega na bisbarra de Ferrol anima aos cidadáns de Ferrolterra a sumarse á iniciativa de promover o uso da bicicleta, e a sumarse ás iniciativas que se levan a cabo en relación con este evento. En concreto o proximo dia 21 celébrase unha marcha ciclista en Caranza, promovida pola A.VV. de Caranza barrio e polo Club Ciclista Ferrol a que animamos á cidadanía a participar.
Tamén dende ADEGA se solicita aos concellos da bisbarra, o incremento nos puntos de uso de préstamo de bicicletas ou instalar, no seu caso, os devanditos puntos, así como facilitar a interconectividade entre os puntos de préstamo de bicicletas de diferentes concellos.
Ademáis dende Adega anímase á cidadanía a apoiar todas as iniciativas que diferentes colectivos e asociaciacións levan adiante estes días en conmemoración do Dia Internacional da Terra o próximo dia 22 de abril.

 

 

 

 

 

Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/786-22-de-abril-dia-internacional-de-la-tierra http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/784-19-de-abril-dia-mundial-de-la-bicicleta

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA