Homenaxe ás persoas crentes comprometidas coa defensa da Terra |
|
|
Sábado, 22. Setembro 2012, 17:00
|
|
Promovido por ADEGA, a Asociación O Galo de Santiago, a Asociación Irmandade Moncho Valcarce e diferentes entidades cristiás, vaise celebrar o próximo día 22 de Setembro, ás 5 da tarde, un acto en homenaxe ás persoas crentes comprometidas na defensa da Terra.
O acto terá lugar na Eira da Xoana, unha casiña que ADEGA ten no centro xeográfico de Galiza, en Ramil, concello de Agolada.
PROGRAMA:
14.30 h => Xantar preparado na casiña. O prezo por persoa será de 12 € (10 € soci@s).
17.00 h => Inauguración dunha placa nun monólito. Intervencións de diferentes persoas e colectivos relacionados co tema. Ofrenda floral e intervencións musicais.
19.30 h => Remate da actividade.
NOTAS:
- A xente que queira xantar deberá anotarse antes do venres día 21. Para facelo contactar con Pepe ou Marcial .
- Ao longo do día, proxectarase o audiovisual “NA DEFENSA DA TERRA”, con imaxes de Carlos Varela (1945-1980) sobre as loitas nas Encrobas, Baldaio e Xove.
- ATENCIÓN: Haberá un rali que ocupará as estradas secundarias desde as 9 até as 13,45 horas o que dificultará o acceso á Eira.
|
Contacto : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|