Andaina en defensa do Galiñeiro |
|
|
Domingo, 20. Febreiro 2011, 10:00
|
|
ANDAINA POLA DEFENSA DO GALIÑEIRO
Data: 20/02/2011
Hora: 10h
Duración. 2,5h
Organiza: Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, da que fai parte ADEGA
O Clube Montañeiros Celtas guiará un paseo por un camiño ou pista forestal que rodea a Serra do Galiñeiro. A intención é que a opinión publica vexa que unha gran maioría os veciños, da bisbarra dos 5 oncellos que rodean a Serra do Galiñeiro, GONDOMAR-VIGO-MOS-PORRIÑO e TUI, queremos a protección da Serra do Galiñeiro e non queremos que se leven adiante os parques eólicos na serra polos graves impactos culturais e ambientais destas instalacións.
Desenvolvemento do roteiro: Chegaremos ao vertice xeodésico do Galiñeiro, faremos unha foto con pancarta de protesta e volveremos ao punto do partida no que rematará a marcha. A organización e o bo funcionamento desta actividade correra a cargo dos socios do Club Montañeiros Celtas e do Club Pena Trevinca. Agardamos que o acto remate entre as 13:30 e as 14:00.
A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO GALIÑERO ESTA FORMADA POR : 1º ADEGA 2º A RIA NON SE VENDE 3º ASOCIACION VECIÑOS DE VINCIOS 4º ASOCIACION "AGROBA" 5º CLUBE DE ESPELEOLOXÍA "MAUXO" 6º COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS 7º FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO 8º INSTITUTO DE ESUDIOS MIÑORANOS 9º CLUB MONTAÑEIROS CELTAS 10º CLUB PEÑA TREVINCA 11º CLUB DE MONTAÑA AZIMUT 12º PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE VIGO"CIES" 13º SALVEMOS MONTEFERRO 14º S.O.S. A GROBA 15º VERDEGAIA 16º ASOCIACION DE VECIÑOS CASCO VELLO DE VIGO 17º ASOCIACION FESTA DA PREHISTORIA 18º ASOCIACION BERRA VAL MIÑOR 19º AMIGOS DA TERRA 20º ASOCIACION CULTURAL DEPORTIVA E ECOLOXISTA TREZE CATORCE DE SALCEDA |
Localización : http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=150&categoria=2 |
Volver
|