Palestra sobre a cultura do monte en Lugo |
|
|
Venres, 29. Xuño 2012, 20:30
|
|
Este venres 29 de xuño ás 20:00 no salón de actos da Deputación de Lugo, ADEGA organiza unha xornada de reflexión sobre o monte galego. O acto consistirá nunha mesa redonda na que disertarán recoñecidos persoeiros da nosa xeografía. A maiores no corredor de acceso ao salón de actos haberá unha exposición de produtos vinculados ao monte da man de emprendedores comprometidos coa terra na que habitamos.
A nosa tradición, cultura e historia está fortemente impregnada e enmarcada no monte, sendo unha das pezas clave para entender a nosa identidade como pobo. A través destas xornadas, participativas e reflexivas, achegarémonos ao monte para partillar sobre como convivimos con el, como nos infundiu medo e respecto, como nos aproveitamos del, como lle volvemos as costas e como intentan arrebatarllo aos seus lexítimos titulares...
|
Volver
|