Accións de Queremos Galego contra a censura institucional |
|
|
Xoves, 15. Decembro 2011, 11:30
|
|
TEMOS LINGUA PROPIA!
ACCIÓNS DE QUEREMOS GALEGO CONTRA A CENSURA DUN LIBRO DE TEXTO QUE REPRODUCE O ARTIGO 5.1 DO ESTATUTO
1) Concentración esta quinta feira (xoves) ás 11.30 h diante da sede do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, en Santiago). Ao finalizar, entregaremos un escrito exixindo a súa dimisión.
2) Mobilización este sábado ás 17 h na praza do Toural (Santiago de Compostela), exixindo o cesamento do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación, que deu amparo á censura dun libro de texto por dicir que o galego é a lingua propia de Galiza.
3) Envío de correos individuais á presidenta do Parlamento para que os grupos políticos cesen o Valedor: https://docs.google.com/document/d/1C0tt1sjEzzR5RaUt6lp8JKMDroBrZVFqb7Gqh1WYbrA/edit
Envíao ao correo da Presidenta do Parlamento:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
4) Envío de correos individuais ao presidente da Xunta para que cese o conselleiro de Educación:
https://docs.google.com/document/d/1HLlMXRZS-86cp_hlSEYna3C_vHTBC6TbN_96TtFKrY0/edit
Envíao ao correo do Presidente da Xunta:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Localización : http://www.queremosgalego.org/ |
Volver
|