Convocatoria de Asemblea Ordinaria
ADEGA-Lugo 2011
Venres, 28 outubro, 18 h. a 22 h.
Salón de Actos do Edificio de Sindicatos
Estimad@ soci@: A Natureza precisa máis de nós, nestes momentos en que a crise económica está a deixar en segundo lugar as necesidades de preservar o noso ambiente natural e cultural. Como grupo ecoloxista somos conscientes de que esta situación de desequilibrio social ten, sobre todo, unha causa ambiental: Abuso dos recursos tanto dos renovábeis como dos non renováveis, malas prácticas ambientais no uso do solo, da auga e do ar que está levando ao conxunto da humanidade a situacións límite de fame e de necesidade. Na Galiza precisamos colocar o problema no seu xusto lugar tendo en consideración a potencialidade de riqueza dos nosos rios, do noso solo e, en xeral, do noso ambiente natural e cultural.
Por iso, porque consideramos que esta crise é fundamentalmente unha crise ambiental e de recursos, precisamos máis que nunca da túa axuda e colaboración. Queremos que veñas partillar conosco a planificación do noso futuro traballo. Cantos máis participemos, máis fructífera será a nosa acción.
Convocámoste á vindeira Asemblea Ordinaria de ADEGA-Lugo, que terá lugar o día 28 de outubro no salón de Actos do Edificio de Sindicatos, Ronda da Muralla 58, a partir das 18:00 horas.
A continuación sinalamos os asuntos da orde do día.
ORDE DO DÍA:
18:00 Recepción e comezo do traballo.
18:05 Balance dos traballos realizados por ADEGA-Lugo nos dous últimos anos.
18:30 Resumo das contas e balance económico de ADEGA-Lugo.
18:45 Espectativas de futuro e proxectos para os vindeiros anos.
19:00 Renovación da Xunta Directiva.
19:30 Rogos e Preguntas.
20:00- .MESA REDONDA:
URBANISMO E ARQUITECTURA. O CASO DE BARREIROS
- Raúl Veiga. Presidente colexio de arquitectos de Lugo.
- Ramón Lueje, ex-director xeral de urbanismo.
- Daniel L. Vispo. ADEGA.
- Xoán Pinto Tasende. Premio nacional de arquitectura en madeira. Representante do Observatorio Galego do Territorio.
(**O vindeiro 4 de novembro, tamén no Salón de Actos do Sindicatos (Ronda Muralla, 58), ás 20 horas, terá lugar a mesa “URBANISMO E DEREIRO. O CASO DE BARREIROS”; máis info: www.adega.gal).
22:00 CEA DE FRATERNIDADE. Local O Pajón.
Imprescindible apuntarse á cea (antes do venres), chamando aos números de teléfono: 982240299 ou, 639664924.
|