Outro consumo é posíbel: Palestra na Coruña |
|
|
Mércores, 19. Decembro 2012, 20:00
|
|
O mércores 19 de decembro ás 20h ADEGA organiza un acto sobre o consumo baixo o título “Outro consumo é posible”, no que se abordará outra forma de consumir no noso día a día na que se tén en conta as consecuencias deste consumo tanto a nivel social, como medioambiental.
Empezaremos cunha introducción sobre as repercusións do noso consumo no día a día, para dar paso a proxección do documental “A historia das Cousas”, que fai un percorrido polo ciclo de vida dos produto: extracción, venta, uso e eliminación, co que podemos tomar conciencia dos efectos que ten o noso consumo. O documental tamén nos introduce termos como a obsolescencia programada e a obsolescencia estética.
Máis tarde un membro de Fiare explicará o proxecto e as alternativas que existen na banca ética. Dende a Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca falarannos do seu proxecto e de como a través da nosa compra en alimentación podemos cambiar o coidado que lle estamos dando a nosa terra, a nosa relación cos labregos e a nosa saúde. Para rematar a coordinadora de Roupa Limpa Galicia falaranos sobre o que hai detrás de cada prenda de roupa que mercamos,finalmente abriremos un debate co público.
Se estás interesado en ver como podes cambiar a nosa sociedade co noso consumo. anímate e vén o mércores 19 de decembro ao local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Olmos 16-18 1º." |
Localización : http://www.facebook.com/events/455175371196374/?context=create |
Volver
|