Festival do humor "Rir por non chorar" en Lugo |
|
|
Sábado, 1. Decembro 2012, 20:00
|
|
FESTIVAL DO HUMOR "RIR, POR NON CHORAR" Ven ao Festival de Humor "Rir, por non chorar" que terá lugar o vindeiro 1 de decembro, ás 20 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos). Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Humor e medio ambiente nunha mesma cita aquí en Lugo! Non o podes perder! Iso si!, para poder acceder ao Festival terás que traer un par de pilas gastadas ou unha lámpada fundida para que entre todos e todas poidamos “cargarnos as pilas e renovar as ideas na defensa do noso territorio”. E de paso, facemos reciclaxe. O acto enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentable. O Festival tamén formará parte dos actos reivindicativos aderidos ao programa “Des-concerto Expansivo” de Burla Negra, que conmemora o décimo aniversario desta iniciativa e da catástrofe do Prestige. Apertas de ADEGA! Agardámoste! ORGANIZA: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza. APOIA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. |
Volver
|