Novo programa de compostaxe en Ferrol |
|
|
Venres, 29. Outubro 2010, 19:00
|
|
A m ancomunidade de concellos do Ferrol aposta pola prevención e redución dos residuos repartindo 100 composteiros na comarca. Esta actividade é xestionada pola Mancomunidade, subvencionada pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e ADEGA fará o proxecto educativo coa colaboración dos concellos participantes.
Esta semana comezarán as charlas infomativas aos participantes inscritos dos concellos de Narón e Ferrol, e celebraranse o xoves 28 de outubro ás 20:30h na Biblioteca en Narón e o venres 29 de outubro as 19:00h na sala Sargadelos de Ferrol.
Nesta actividade tamén se contempla dotar de composteiros os centros de ensino e asociacións dos concellos de Cedeira, Mugardos, Neda, Fene, Valdoviño e Ares. Os composteiros serán instalados nos centros e iran acompañados dun manual de compostaxe e seguimento dunha educadora ambiental de ADEGA.
De este xeito a Mancomunidade pretende sensibilizar a poboación en temas medioambientais do mesmo xeito que se reduce a cantidade de residuos orgánicos que van aos contedores municipais, asi pechamos o ciclo da materia orgánica e o compost obtido podemos utilizalo para o xardín ou horta. |
Volver
|