I programa de Compostaxe Caseira en Pontevedra |
|
|
Mércores, 30. Maio 2012, 20:00
|
|
I programa de compostaxe no concello de Pontevedra
Neste mes de maio o concello de Pontevedra e ADEGA poñen en marcha o I programa de compostaxe doméstica. 30 familias terán a oportunidade de obter un composteiro cedido polo concello. Este proxecto non consiste solo no reparto do composteiro, senón que os participantes inscritos de xeito voluntario recibiran formación para controlar o proceso da compostaxe. O mércores 30 de maio ás 20:00 h os participantes inscritos poderán recoller o seu composteiro no pazo da cultura, tamén recibiran unha charla sobre a xestión dos residuos, a importancia da compostaxe e coidados básicos do composteiro. Unha vez instalado o composteiro nas súas vivendas poderán xestionar os seus residuos orgánicos tanto os residuos da cociña como os residuos vexetais da horta e xardín. Ao cabo de aproximadamente sete meses obterán o primeiro compost, un abono de calidade que pode ser utilizado na agricultura. Como este é un programa de acompañamento domiciliario neste período de tempo recibiran tres visitas nas que os participantes terán a oportunidade de resolver dúbidas e asegurarse que o seu composteiro está a funcionar correctamente.
A compostaxe doméstica é unha das achegas que desde os nosos fogares podemos facer para preservar o medio. Os participantes contribuirán a darlle unha solución á problemática dos residuos reducindo en orixe o volume destes.
Mais info: María R. Lafuente
628 378804
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|