Bioterra 2010 |
|
|
Venres, 4. Xuño 2010, 11:00
|
|
A Asociación Cultural Pepa Loba presenta Bioterra 2010, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co día do Medio Ambiente.
Este evento no que se instalarán en torno a 20 postos, conta coa participación de produtores/as locais e ecolóxicos/as, asociacións relacionadas co comercio xusto e local, etc.
O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.
PROGRAMA BIOTERRA 2010
SÁBADO 5 XUÑO 11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010. 14:00 Peche da Feira Bioterra 2009 para xantar. 17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2009. 18:00 Obradoiro de plantas mediciñais na Plaza Maior. 18:30 Charla informátiva e xuntanza dos Grupos de Consumo Responsable na Casa do Concello de O Carballiño 19:30 Charla informátiva da Cooperativa de Consumo Consciente Arbore (Vigo), na Casa do Concello de O Carballiño 21:00 Peche da Feira Bioterra 2009.
DOMINGO 6 XUÑO 11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010. 14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar. 17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010. 18:00 Obradoiro de cestería con materiais de refugallo na Plaza Maior. 18:30 Charla informátiva da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, na Casa do Concello de O Carballiño 21:00 Clausura da Feira Bioterra 2009.
OBRADOIROS AMBIENTAIS Datas: 5 e 6 de Xuño de 2010 Lugar: Plaza Maior de O Carballiño. Horarios: 18:00 – 20:00 Inscricións: Nº de prazas: 30 Actividade gratuíta
Para inscribirse ao obradoiro de Plantas Mediciñais é preciso facelo antes das 14:00 da tarde do día 5 de xuño. Pode ser por mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou no posto de información da feira que vai ter a Asociación Cultural Pepa Loba na Praza Maior.
Para inscribirse ou ter máis información: 645 865 080 - 677 163 387
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|