Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Andainada a prol do rio Baa. Ferrolterra
Domingo, 29. Xullo 2012, 09:30 - 14:00

cartaz roteiro forgoselo.2012.2012.jpegACapela (As Neves). 29.7.2012. III Andainada reivindicativa a prol do Río Baa. Roteiro pola Serra do Forgoselo. Veiga dos Foles-Rego Mariaqueira. Organiza: ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia,  Plataforma de afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Plataforma de Defensa dos Camiños . Saída as 9,30 xunto á Casa do Concello de A Capela (As Neves). Esta zona é un modelo de viabilidade de sistema fluvial nun contexto de usos produtivos tradicionais e duns valores naturais salientables. O río   Baa ameazado na actualidade por 60.000 toneladas de residuos asfálticos contaminantes depositados á súa beira. Entre estas accións atópase unha serie de roteiros nos que se encadra esta III andaina a prol do Río Baa. A degradación dalgúns dos nosos ríos, maiormente os ubicados en zonas moi poboadas como é o caso do litoral, esixe tomar medidas urxentes para a súa recuperación, tanto pola importancia dos seus hábitats como pola presión das actividades produtivas. É preciso, logo, achegarnos a modelos afastados desa excesiva presión humana, que permitan observar vías para a recuperación de espacios naturais tan valiosos como o Río Baa.

Tan ambicioso obxectivo só poderá acadarse unindo as vontades de propietarios-as e administración, partindo do total respeto ao principio de sostibilidade de tal maneira que se poidan compatibilizar os criterios de produtividade e de conservación dos espazos naturais.

A Serra do Forgoselo e máis concretamente os ecosistemas do Rego Mariaqueira e inmediacións, integrantes da Rede Natura, serven como exemplo de usos sostibles do monte e do sistema fluvial.

Contacto : www.sghn.org; www.adega.gal; www.verdegaia.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA