Celebra o día da Biodiversidade na Eira da Xoana |
|
|
Sábado, 21. Maio 2011, 11:00
|
|
SÁBADO 21 DE MAIO: CELEBRACIÓN DO DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL E NATURAL
PROGRAMA:
11.00h => Charla sobre a Margaritífera margaritífera (mexilón de río) e a súa importancia nos ecosistemas acuáticos. Impartida por Sabela Lois Lugilde do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da USC.
11.30h => Adopción do Río Ulla (saída ao río e inspección de primavera)
14.00h => Xantar de convivio (cada persoa aportará o que queira)
16.30h => Acto literario e musical para conmemorar o Día das Letras Galegas e da Biodiversidade
Dentro do programa de visitas guiadas pola contorna da Eira da Xoana para escolares e grupos organizados, o vindeiro sábado 21 serán os alumnos do IES Fonsagrada e do CEIP San Martiño de Pontevedra, os que da man do compañeiro Marcial coñezan estas terras.
Esta visita constitúe o premio que concede o programa Correlingua 2011 pola súa contribución a prol da difusión do Galego.
Estes rapaces, depois da visita, compartirán a celebración do Día da Diversidade Cultural e Natural. |
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|