Roteiro polos Muiños de Esmelle |
|
|
Sábado, 9. Xullo 2011, 10:00 - 13:00
|
|
Ferrol 09.7.2011. Roteiro polos Muiños de Esmelle (Ferrol). A delegación de Ferrolterra organiza un roteiro que percorrerá o fermoso Val de Esmelle. Este roteiro está aberto a toda a cidadanía e será de caracter gratuito. O roteiro partirá ás 10 da mañá do local da asociacion de veciños Val de Esmelle, que colabora na organización. Este val é unha fermosa zona da nosa comarca de grande riqueza biolóxica. Está percorrido por 4 pequenos ríos nas beiras dos cales tiñan a súa actividade 22 muiños e múltiples fontes e lavadoiros. Todas estas antigas infraestruturas, en desuso hoxe en día forman un conxunto etnográfico de grande riqueza. |
Volver
|