RoteirRíos 2001: visita ao río Tamuxe |
|
|
Sábado, 2. Abril 2011, 08:30
|
|
Comezaremos este Roteirríos 2011 visitando as obras realizadas no río Tamuxe no Concello d'O Rosal o día 2 de abril. Abaixo aparece o programa provisional para este roteiro, así como a dispoñibilidade de prazas e información da preinscrición.
Programa provisional Sábado, 2 de abril de 2011. 08:30 Saída de Compostela. 10.30 Chegada ao Concello de O Rosal. 11.00 Roteiro polo río Tamuxe ,para coñcer a restauración fluvial realizada 14.00 Xantar. 16.30 Visita aos Muíños do Folón e Picón. (Poderánse plantexar alternativas a esta visita, como visitar o Eco Museo de Vilanova da Cerveira ou o proxecto de Custodia do territorio da asociación ANABAM). 18.30 Saída para Compostela. 20.30 Chegada a Compostela.
Prazas e preinscricións:
As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado. O Proxecto Ríos financia unha parte dos roteiros, sendo 8€ o prezo a desembolsar polos participantes. Na web do Proxecto Ríos irémosvos informando dos puntos de encontro, mapas do percorrido, etc.
Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos. Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo 15704 Santiago de Compostela Ou ben por correo electrónico ou por teléfone: Ramsés Pérez
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
; Telf.: 616 238 050 / 981 57 00 99 Paco Bañobre
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
; Telf.: 619 672 038 / 981 57 00 99
|
Volver
|